ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/05/13

O país adormentado

Comentario de Ana Colmeiro Corral



O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais


A min non me gustou moito o libro porque me pareceu un pouco raro. Entendín a metáfora na que está baseado e está bastante parecido xa que nós tamén vivimos nu mundo durminte.
Parecéronme moi reais as explicacións do comezo. As que dicían como era o bosque polo que se adentrou Aurora xa que parecía coma se estiveses alí.
Deume moita pena que morrese ese personaxe calado e valente.
Non agardaba ese final, pero foi o que máis me gustou, xa que quedas con ganas de saber máis.

Sen comentarios