Comentario de Lucía
García Rodríguez
O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais
Sinceramente este libro non me gustou nada. É complicado de entender posto
que ten un montón de nomes raros e palabras das que non coñecía o seu
significado e por iso me custou un pouco lelo.
Aurora vive moitas aventuras cos seus compañeiros para reunir todos os
Sabuchalar que existen.
Paréceme unha parvada durmir para non morrer posto que podemos morrer de
calquera xeito. Como algúns personaxes opinan: " ninguén escribirá o noso
destino nin a nosa historia", esa frase encantoume.
Sen comentarios
Publicar un comentario