ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/05/13

Ata que o saibas todo

Comentario de David Núñez Ouzande
 

Ata que o saibas todo
Juan Kruz Igerabide
Oxford



Conmoveume moito a historia desta rapaza, este foi un dos libros que máis me gustou. Ao comezo do libro non entendía moi ben a historia, pero ao paso que ía lendo enterábame do que pasara na páxina anterior.
Gustoume como os compañeiros desta rapaza a apoiaban despois de que lle meteran ao pai no cárcere e a nai a andaran buscando. Os amigos de Ester axudaranlle a descubrir quen lle tendera a trampa ao seu pai, isto ensínanos que os amigos de verdade están aí para as boas e para as malas.
Recoméndollo o libro a todos, porque é un libro precioso e doado de ler.

Sen comentarios