Comentario de Tamara Pereiras
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
Antes de ler este libro, para min, o concepto
de poesía era sinónimo de aburrimento, pero cando comecei a lelo, decateime de que a
poesía é algo realmente marabilloso.
Gustoume moito o prólogo de Fran Alonso antes
de comezar a lectura, pareceume unha maneira moi amena de achegarse ao lector.
En canto ao contido do libro, gustoume moito a
selección de poemas do autor, en especial gustáronme os poemas de autores máis contemporáneos,
pero os poemas seleccionados dos “grandes” da poesía galega tampouco están nada
mal.
Non sería quen de quedarme cun só poema, xa
que todos me pareceron xeniais, pero o que máis me chamou a atención, foi o de “Autopsia”
de Carlos Negro, xa que con tan poucas palabras expresa unha das desgrazas máis
comúns na adolescencia.
Gustaríame rematar dicindo, como ben dixo Fran
Alonso, que a poesía non morde, e que é un
xénero moi entretido e que transmite moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario