ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/03/13

Poetízate

Comentario de Noelia Amigo


Poetízate
Fran Alonso
Xerais





Para min a poesía é outra maneira distinta de expresarse; non digo que sexa diferente, senón que é unha forma máis de expresar as cousas, pero facendo que ó lelas nos resulte máis bonito ler un poema que un texto narrativo. A min principalmente gústame máis ler un poema coas súas rimas, metáforas... que ler un texto narrativo.

    Neste libro a min persoalmente gustáronme moitos poemas pero cos que eu me quedaría serían con estes:
·         Amada, labro versos para ti sen sosego- Miro Villar.
·         Cando ela dorme- Vicente Araguas.
·         Non coidarei xa os rosales - Rosalía de Castro.
·         Deitada frente ao mar - Celso Emilio Ferreiro
·         Voz sen verbas - Antonio Garcia Tejero.
·         Bolboreta - Francisco X. Fernández Naval


    O que máis me gustou sen dúbida foi "Deitado frente ao mar": este poema fala dunha propia lingua, da cal se sinte orgullosa, unha lingua que ten máis de cen anos, unha lingua falada por pais e avós, e da que  agora só quedan algúns falantes que non se avergoñan dela, tamén critica ós soberbios, ós ruíns e poderosos, ós finchados, ós baleiros, e de todos aqueles mozos que se avergoñan do galego.
Tamén critica a sociedade daquela época, na cal había que suar por un prato de comida.
 

Sen comentarios