Comentario de Sonia Framiñán
Nun lugar chamado Guerra
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia
A historia impresionoume moito e gustoume como está escrita, a forma en que
(parece) reflexiona o narrador e tamén protagonista, tal e como relata os
sucesos que parecen tan realistas.
O personaxe do intérprete
gustoume tamén moito e a forma en que se describía el e o seu contorno.
En definitiva, o libro gustoume
moito e era moi entretido.
1 comentario:
Comenzo dicindo que este libro gustóume moitísimo. Néstor é un xornalista que o mandan a Tubzdestán para informar sobre a guerra. El é un novato, alí atópase coa axuda e amizade de Mahler, un xornalista alemán, ademais de Milo Milo é o seu "lazarillo", fai de intérprete e sérvelle de moita axuda para que Néstor poida facer o seu traballo. Chama a atención o astuto e supervivinte que chega a ser Milo con só doce anos nun país en guerra, cheo de fame, miseria e perigo. Houbo momentos nos que se me viñan as bágoas aos ollos imaxinando que Milo podería ser eu ou calquera de nós. Despois de ler este libro, son consciente do afortunado que son, polo menos de momento...
Publicar un comentario