ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/03/13

Enderezo Descoñecido



Comentario de  Alberto Cerdeira Bravo


Enderezo Descoñecido
Kressmann Taylor
Xerais


Hai xa tempo que lin o libro pero aínda podo recordar as sensacións que me deixou. Recordo que foi un libro que se me fixo curto, moi moi curto ,aínda que en liñas xerais o libro foi moi interesante. O relato de como unha persoa pode empezar a odiar a un grupo de persoas polo único motivo da raza, e porque haxa un goberno detrás meténdoche ideas racistas na cabeza paréceme incrible. Teño que dicir que o tema do nazismo sempre me pareceu moi interesante por este motivo, dado que me parece incrible como unha ideoloxía baseada no odio estivo a puntiño de dominar Europa co consentimento dun gran número de persoas. O que máis me gustou do libro foi o cambio notado entre as primeiras cartas e as segundas,  ese cambio producido só por unha ansia de poder como país, que pode facer que empeces a odiar ós teus amigos e a non querer darlle cobixo.Encantaríame ler máis libros relacionados con este tema.
 

Sen comentarios