ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/03/13

Contos e poemas para un mes calquera

Comentario de Lucía García Rodríguez


Contos e poemas para un mes calquera
Antonio García Teijeiro
Jordi Sierra i Fabra
Oxford






Este libro é especial, xa que está feito por dous autores. Ambos combinaron a súa sabedoría e o resultado foi esta incrible obra. Fixeron un bo traballo, xa que vincularon moi ben os dous xéneros.
Algúns relatos teñen ensinanzas como que debemos abrirnos a novas experiencias ou mirar as cousas desde dentro. Os poemas expresan moi ben as ideas principais dos contos. Son como resumos en verso.
O día que máis me gustou foi o 27: Os dous paxaros. A ensinanza que podemos extraer del é que podemos aprender doutras persoas.
Este libro gustoume.

Sen comentarios