ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/03/13

Aire Negro


Comentario de Nasty Tovmach


Aire Negro
Agustín Fernández Paz
Xerais





É un libro moi interesante, sobre todo se che gusta o misterio. Tamén é un libro moi imaxinativo.
É unha mestura de fantasía e terror aínda que tamén con partes de historia de amor, entre Laura Novo e o seu psiquiatra, o doutor Moldes, aínda que tamén está a historia de amor que nos relata na historia que Laura escribe.
É un libro moi entretido, aínda que se es deses que cando a historia se volve emocionante ou con partes de acción, desacóugaste e poste a rillar nas unllas pensando en como será o final. 
A min este libro gustoume moito, e sinceramente recoméndollo a todos, porque este libro, ao conter un pouco de todo, supoño que vai gustar a todos.
 

Sen comentarios