ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Lucía Pérez


Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais







Sinto moi cercana esta novela a min mesma e ao meu entorno, xa que nestes seis contos aparece reflexada a vida de persoas do día a día, onde todos estamos engaiolados. A novela vese que chega a un punto humilde e acolledor que che leva a seguir lendo ata que remata.
Para min o personaxe que máis me gusta é Jonathan, o preso, se digo a verdade este tipo de cousas chámanme moito a atención e lévame a cavilar...
Que estea dividida en diferentes contos está ben aínda que ao fin e ao cabo sempre hai unha relacion entre as historias, chegados a este punto podo dicir que a novela gustoume, estivo ben e sobre todo o que máis me fascinou por chamarlle dalgunha maneira foi que o autor escribira sobre persoas de a pé que hoxe en día somos nós mesmos.

Sen comentarios