ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Eva López Troitiño




Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais



 

Un dedo manchado de tinta é un libro moi complicado.
O principio víao na mesiña de noite e miraba para el e nunca me decidía a comezalo. Ata que un día me decidín.
Lin a metade do primerio capítulo e cando o cerrei certas preguntas rondaban a miña cabeza. Como acabará este libro? Que pasará?
O segundo día seguín lendo e cando rematei, xa ía case na metade, cerreino e díxenme: Que lle pasará a estas persoas todas?
Cando por fin o rematei quedei realmente impactada, nunca me imaxinara un final tan sorprendente, cunha tráxica morte.

Con tantas historias fixoseme moi complexo de ler, e ao principio tiven que ler de segunda e nalgún capitulo ata de terceira, pero ao final foime moito máis fácil.
Non me gustou moito, pero tampouco me desagradou.

Sen comentarios