ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/02/13

Makinaria

Comentario de David Núñez Ouzande


Makinaria
Carlos Negro
Xerais




             Makinaria é un libro que me gustou moito. Foi moi divertido lelo porque son cousas que lles poderían pasar a un adolescente no seu día  a día. Como era un libro de poesía ao principio pareceume que non me ía gustar para nada, pero ao lelo, encantoume. Ademais é un libro moi curto e que lle pode servir de guía a adolescentes que teñen ese estilo de vida.

Ten un vocabulario especial, porque é sinxelo de entender, dende o meu punto de vista. Este libro enténdese perfectamente, por iso o recomendo incluso a quen non lle guste a poesía, porque é un libro normal.

Gustaríame que o próximo libro que lera fora deste estilo porque agradoume ler este.
 

Sen comentarios