ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/11/12

Os fillos do mar


Comentario de Ana Castro Varela


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Pareceume unha novela moi entretida, xa que se caracteriza por ser amena e sobre todo por ter momentos divertidos.
Persoalmente, eu non sei explicar o que sentín ao ler esta novela por iso creo que a palabra perfecta que definiría tal emoción é paixón. A medida que vas pasando as páxinas sempre atopas algo novo que non esperabas atopar. Quizais, eu non sería capaz de crear unha novela que enganchara como fixo esta, xa que, dende o momento no que se le o testamento a acción non decae.
Pero o único que podo asegurarvos é que eu intentaría ler moitísimo máis con tal de verme mergullada nun mundo cheo de misterios

Sen comentarios