ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/11/12

O corazón de Xúpiter

Comentario de José Manuel Vila Fondevila

O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais

Este libro gustoume moito.
Trata sobre a adolescencia e os seus riscos, sobre os perigos da Internet.
Ao principio parecíame un libro coma calquera outro no que se fala sobre unha adolescente e as súas historias no instituto e fóra del. Pero pronto me empecei a dar conta de que non é só iso, senón que tamén fala sobre o acoso entre os compañeiros de instituto e os perigos de confiar en calquera na rede.
O final do libro a verdade é que xa mo esperaba, non me sorprendeu. Pero realmente quería outro tipo de final, un final clásico, un final feliz no que a adolescente coñece a un mozo e acaban felices.
Gran libro, aconséllollo a calquera adolescente. Grazas a profesora por facernos lelo.

Sen comentarios