ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/01/12

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Martín Arosa Sineiro

O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco

Deste libro gustoume especialmente a parte da chegada á Cidade dos Tellados. A parte do príncipe Iskiel gustoume orque é unha forma de que o libro non resulte pesado. Pero eu engadiríalle unha parte que falase de Gabriel e outra parte da vida de Rioka.
É un libro super fantástico, o capítulo que menos me gustou foi o de "Óstraca".
En xeral, hai que dicir que o libro é un bo pasatempo para se entreter e gozar grazas ao misterio que transmite. E todo isto, en formato libro!
Iso si, as ilustracións non me gustaron.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Polo que xa desvelaron os autores ainda quedan 4 partes da serie onde se revelarán máis cousas sobre Gabriel. E tamén se falou dun libro de relatos onde personaxes como Rivka teñan o seu propio conto.