Comentario de Santiago Villaverde Fernández
O neno do pixama a raias
John Boyne
Faktoría K
É un libro que me gustou moito porque nos fala do nazismo e dos campos de concentración. Estamos acostumados a ver no cine o que acontece nestes campos dende fóra, como acontece nesta obra.
Bruno ten nove anos, sae dos privilexios e Berlín para achegarse a un campamento nazi do que seu pai ten que se facer cargo. Dende os seus inocentes ollos explícase o que ocorre e o que el ve, fanlle pensar que dentro dos arames hai unha granxa pero non entende por que nesa granxa todos levan pixama; a inocencia do rapaz é a clave da obra.
Relaciónase cun dos rapaces con pixama porque necesita amigos para xogar. Esta relación acaba de xeito tráxico por teren un mesmo final.
O libro é moi curto e moi fácil de ler porque utiliza unha linguaxe sinxela e é contado por un rapaz, de modo que sentimos o que eles facilmente.

1 comentario:
A verdade é que é o meu libro favorito. Leino en español e en inglés e quédome có orixinal. Sen dúbiad un libro que consegue enganchar desde o principio. A película é totalmente recomendable: SEN PALABRAS.
Publicar un comentario