Comentario de Alejandro Villanueva
Cousas
Castelao
Galaxia
É un libro fácil de ler e gustoume porque non hai que lelo deseguido senón que como está dividido en historias pódese reflexionar sobre cada unha delas por separado. As historias tratan da emigración dos galegos: os galegos marchaban ao estranxeiro por culpa das penurias que pasaban por causa dos fidalgos e a igrexa.
Aconsello ler este libro porque é moi interesante.
Aconsello ler este libro porque é moi interesante.
1 comentario:
Persoalmente este libro gustoume moito, xa que Castelao expresa perfectamente como era o pobo galego naquela época. Ao ser un libro de relatos é moi entretido e fácil de ler e comprender, ao igual que "Retrincos. Un ollo de vidro".
O relato que máis me gustou deste libro foi "O pai de Migueliño", que ten como tema principal a emigración a América e as súas partes negativas, e co que podemos facernos unha idea de como a xente emigraba coa esperanza de poder atopar un traballo fora, cousa que neste caso o pai de Migueliño non conseguiu, e tiña que volver á casa igual que se foi, e ás veces, con menos aínda.
Publicar un comentario