Comentario de Ainara García Doval
Poderosa
Sergio Klein
Xerais
A verdade é que este libro non me chamou moito a atención. Tampouco é que o considere aburrido, pero a historia non me enganchou, porque non a atopei demasiado interesante. Coido que me gustaría máis de tela lido hai dous ou tres anos, porque creo que é unha histoira para rapaces máis novos ca min.
Porén, si que me gustou a mensaxe que transmite, xa que a pesar de ter o poder para cambiar calquera problema da vida con só escribir unhas liñas nun papel, a protagonista descobre finalmente que non sempre é mellor a solución máis fácil, senón que hai que enfrontarse aos problemas por nós memos e aprender deles.

1 comentario:
é un libro moi fácil de ler e tamén fácil de entender. Transmítenos dende o seu diario aspectos e preocupacións frecuentes da adolescencia desta rapaza, Joana. Ela quere ser escritora e fai que a ficción se transforme en realidade. É un libro rápido de ler e moi entretido, aconséllovolo ler.
Publicar un comentario