ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/05/10

Ollos de auga

Comentario de Raquel Pires dos Santos


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia



Este libro tamén me gustou moito, pero pareceume moi curto, creo que debería ser un pouco máis longo e liar un pouco máis a historia. Algo que me gustou máis que n'A praia dos afogados foi a forma de matar, moi orixinal.
O título sorprendeume moito porque pensei que tamén se ía tratar dun afogado e non que se refería aos ollos da vítima.
Desta vez saber quen era o asasino foi máis fácil, porque Caldas deu unha pista cando lle preguntou ao médico se a súa muller sabía o da infidelidade, aí estaba claro que era a muller a asasina porque se a muller tiña un amante querería desfacerse do seu home aínda que non soubese da infidelidade deste. Así sería máis fácil planear todo.
Algo que non acabei de entender é quen é Alba, porque tanto neste libro coma no outro falan dela pero non especifican moito. Creo que era a moza de Caldas, pero que se deixaron.
Agardo que haxa unha terceira parte porque as dúas obras deste autor gustáronme moito.

Sen comentarios