ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/05/10

Ácaros verdes

Comentario de Ainara García Doval


Ácaros verdes
Pilar Buela
Sotelo Blanco

Gustoume moito esta novela por varios motivos. O primeiro é que está enmarcado nos últimos días da Segunda Guerra Mundial, nun Berlín en ruínas que agarda ser tomado polos aliados en calquera momento.
O segundo, polo feito de seguir a historia dende o punto de vista de dúas mulleres como foron Eva Braun e Magda Goebbels, as donas do nazismo, unha por ser a amante de Hitler, a outra por representar o prototipo de muller aria, casado co ministro de propaganda do réxime e nai de seis cativos loiros cuxos nomes comezaban pola letra H en honor ao seu querido Führer.
Gustoume tamén como a autora tenta poñerse na pel destas dúas mulleres, na atmosfera opresiva de bunker no que se refuxiaban, tomando ambas as dúas a decisión de poñerlle fin á súa vida xunto á de Hitler, no caso de Magda mesmo asasinando aos seus pequenos.
O que máis me chamou a atención da historia é o amor cego que Eva lle profesaba ao Hitler, un amor que durou dende o seu ascenso ao poder ata os seus derradeiros días nese búnker subterráneo, onde despois de numerosos anos de amor clandestino, Hitler lle pide que case con el.

Sen comentarios