Comentario de Jéssica Álvarez Álvarez
Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais
Unha das cousas que máis me gustou desta novela é o realismoo que transmite a historia, sobre todo polos numerosos datos que aporta sobre a vida política en Portugal dende os anos vinte ata os noventa do século XX.
Pareceume interesente o feito de que Dinís ás veces deba tomar algunhas decisións, como a súa militancia no partido comunista, ou a revolución da fábrica dos Irmaos Stepha, que o vaian afastando de Filipa. Parece así escoller a liberdade fronte ao amor.
Paréceme tamén que a historia política de Portugal está perfectamente encaixada coas historias individuais que se van contando ao longo da historia: a chamada a filas para participar nas guerras coloniais, os comezos de revoltas fronte ás ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano, etc.
Pero o que máis me gustou foi que as historias principais sexan de amor. Unha das que máis me gustou, a que semella máis interesante, foi a de Isaura e Antonio Gonçalves, xa que é un amor que ocultann durante moito máis de dúas décadas, e que non se rompe en ningún momento.
Aínda que a historia de deamor de Ana Barbosa non me disgustou, porque a pesar de saber durante todo este tempo que o seu marido é infiel, bástalle a súa presenza para ser feliz e confórmase con iso.
O libro en si gustoume, pero hai unha cousa que non: o principio paréceme algo lento e aburrido, debería ser máis interesante.
Algo que me chamou moito a atención e que me gustou foi cando conta as vidas dos presos no cárceres, nunhas condicións nas que semella é difícil sobrevivir.

3 comentarios:
A min en xeral gustoume, aínda que o primeiro cuarto do libro é demasiado lento e insoportable. A historia é interesante e o final é moi bo.
O libro non me gustou, o único que me gustou foi o final porque me gustan os finais con incertidume. Paréceme moi aburrido.
Non me gustou quizais porque non o entendín moi ben. É moi pesimista e conta sucesos terribles que non parecen verdadeiros. Polo menos está ben para coñecer algo máis da historia de Portugal
Publicar un comentario