ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/04/09

Mércores de cinza

Comentario de Thalía Troitiño González

Mércores de cinza
Miguel Anxo Murado
Galaxia


Creo que este libro ten relatos verdadeiramente entretidos e que me gustaron bastante. Tamén é verdade que algúns se me facían monótonos, como se xa intuíra o que ía pasar.
Un dos que máis me gustou foi o de "A floración das cerdeiras", non sei moi ben por que, pero fíxome sentir ben. Será porque a historia do Profesor L. me fixo cavilar en que a vida é demasiada curta e moitas veces enchémola de cousas insignificantes e de pequenos detalles que son os que verdadeiramente lle dan sentido.
Creo que as persoas vivimos sempre con algunha incertidumbre, non a damos resolto e non nos atopamos tranquilos. Neste caso, o Profesor L. no fondo non daba desafogado o sentimento de dor e pena que lle facía sentir a enfermidade que o ía levar á morte. El non era quen de aceptar que ía morrer, non o encaixaba. Pero no momento que aceptou e comprendeu que o seu camiño xa atopara o final conseguiu a calma que tanto anhelaba. A pesar de que sabía que lle quedaba menos para morrer, era feliz, pois pronto o seu sufrimento remataría.
Recomendo o libro, pois é curto e fácil de ler, e ten relatos que seguro vos van gustar. Paga a pena.

Sen comentarios