ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/04/09

Encontro con Miguel Anxo Murado

Onte tivemos a sorte e a honra de compartirmos a xornada con Miguel Anxo Murado, un home cheo de sorpresas e conversas abraiantes que nos fixo pasar un día -a pesar de todo- agradable e instrutivo. Falounos non só dos seus libros e da súa experiencia vital, senón que tamén comentamos o horror das guerras, da necesidade de defender e falar a nosa lingua, do encontro dos galegos polo mundo, do oficio do xornalismo, da visión que se ten de nós por aí fóra, da presenza dos xornalistas nas guerras, de sentimentos, de impresións, de guións cinematográficos, das escolas palestinas, da dureza da vida, do deserto... O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixeron moitas preguntas a un persoeiro que tanto nos puido ofrecer.
Anteriormente, acompañara ao alumnado de 3º de ESO de Relixión para lles falar do conflito árabe-israelí. E logo da agradable e aleccionadora comida que compartimos, reflexionamos no club de lectura sobre Israel, da súa situación, dos seus habitantes, dos seus odios e temores...
Aprendemos tanto que aínda non acabamos de asimilalo!




Grazas de todo corazón por vires.
E grazas a Fernando e á editorial Galaxia por agasallárnolo.

1 comentario:

Thalía dixo...

Gustoume moito a maneira de expresarse, que tiña o autor. Falaba baixo, pero claro, é iso faino moi agradable.
Pareceume abariante a vida de Murado. Xa que biaxou por todo o mundo. A min gustaríame poder recorrer tantos sitios coma el.
Tamén me impresionou a cantidade de traballos que tivo.
Alégrome moito de que nos visitara, pois mereceu a pena coñecelo.

**Thalía**