ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/01/09

As rulas de Bakunin

Comentario de Thalía Troitiño

As rulas de Bakunin
Miguel Anxo Murado
Galaxia



Gustoume moito este libro xa que relata os problemas que Galiza estaba a vivir na época anterior á implantación da ditadura franquista. O xeito que ten de contar a vida do protagonista, ao principio facía que me perdera pero ao pouco que levaba lido xa o entendía.
Unha das cousas que máis me gustou foron as cartas que Camilo lle escribía á súa muller morta, Rosalía. Nelas amosaba o gran cariño que lle tiña, canto a botaba en falta. Sorprende moito o feito de que non lle contase o da súa tía pero cheguei a comprendelo pois el queríaa tanto que non quería romper o lazo que os unía. Hai que ter en conta que el vivía con ese sentimento de culpa durante toda a súa vida.
Aclaro que a min sempre me apaixoou todo o referido á historia de Galiza, por iso sabía que este libro non me ía decepcionar. Poder enteirarse do que a xente tivo que pasar polo mero feito de pensar diferente, de teren ideas distintas, fai que me sinta agraciada por vivir nunha sociedade un pouco máis tolerante.
Un libro máis que recoméndabel que axuda a cavilar.

Sen comentarios