ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/10/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Thalía Troitiño


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sostelo Blanco



Este libro gustoume moito. Amósanos a historia dun rapaz que é punxabi; vainos relatando a historia da súa vida, pero sobre todo fai fincapé nos catro últimos anos, antes de cumprir os 17. A esta idade el terá que someterse a unha voda concertada pola súa familia, tal como manda a tradición.
Veremos como ten que sufrir as palizas do seu pai e seus irmáns maiores, ademais da chantaxe psicolóxica da súa nai para que acepte a voda sen remordementos.
Pero el non quere aceptar o ter que facer o que seus pais lle digan, xa que ten a idade suficiente para saber que non ten que casar cunha rapaza a que nin sequera coñece, nin atura os insultos racistas que botan en contra do seu amigo Adrián.
Neste libro amósanos os valores que teñen impostos moitas crenzas con respecto á tradición.
Considero que o que fixo o protagonista era o axeitado e o máis xusto para el, pois non ten por que facer o que outras persoas lle manden por simple capricho.
Sei que tamén hai que entender a postura da súa familia, pero creo que por todo o que lle fixeron non teñen perdón, xa que eu non podo pretender que o meu fillo faga en contra da súa vontade o que eu queira. Ademais, a un fillo non se lle pega, non se deixa abandonado emocionalmente.
Considero que os que máis valor teñen no libro son o protagonista e o seu tío, xa que é o único que lle deixa elixir o seu camiño.

Recomendo este libro pois non é a típica historia, pero dinos o que pasa nalgunhas culturas alleas a nós. É moi interesante e fácil de ler, porque a pesar do tamaño e das palabras noutro idioma, enténdese perfectamente.

Sen comentarios