ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/05/08

Xuntos e máis nada

Comentario de Sara Vallo Munín


Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia



A primeira parte do libro gustoume moito, pero a medida que ía lendo non chegaba a comprender a situación real da protagonista.
A historia de Franck gustoume moito, aínda que non me parece moi xusto como trataba a súa avoa ao principio, xa que era a súa única familia.
As últimas partes do libro xa non me gustaron tanto. Pero axuda a darse conta da realidade da vida, da súa dureza e inxustiza. Hai máis momentos de infelicidade, polo que se ve, que de felicidade.
A historia de amor gustoume moito, é moi fermosa.
O libro nin me gustou nin me disgustou, aínda que me fixo percatarme de moitas cousas. Como por exemplo o tremendo que é a soidade.

Sen comentarios