ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/03/08

Así nacen as baleas

Comentarios de Icíar Rodríguez Nóvoa

Así nacen as baleas
Anxos Sumais
Galaxia


Este libro é moi distinto a todos os que lin ata agora. Ao principio costoume entendelo pero a medida que fun encaixando todo encantoume.

A historia cóntaa unha rapaza duns 25 anos, que ten que irse do seu actual fogar, México, para volver a Galicia a visitar á súa nai, coa que nunca tivo boa relación e que está moi enferma.

A rapaza ten unha historia totalmente triste. O seu pai abandonouna a ela e á súa familia cando aínda non nacera, e nunca o coñeceu. A súa nai nunca a tratou con cariño. Pero tiña ao seu irmán, Ramón, que sempre xogaba con ela e a facía rir.

Ramón nacera morto, pero por sorte espertara. Tiña dezaseis anos pero por problemas no parto nacera retrasado mentalmente. Os seus tíos desprezábano por eso, pero a súa nai e mais a súa irmá queríano inmensamente. Aínda que tiña aspecto de mangallón e fose un neno grande tiña un corazón tan grande coma o de unha balea.

A nai da protagonista estaba moi triste pola ausencia do seu marido, e á vez moi enfadada, e pagábaas sempre coa sua filla, á que nunca lle mostraba aprecio.

O que máis me sorprendeu do libro foi que a nai mantiña relacións co seu fillo, Ramón.

Ramón sempre estaba alegre, a súa irmá e a súa nai para el érano todo. Ata que un día que Ramón e a súa irmá estaban xogando na piscina dos seus tíos, Ramón, intentando imitar como nacían as baleas para que a súa irmá rira un pouco, deu un golpe contra as baldosas do fondo e morreu. Foi un golpe moi duro para a súa irmá e mais a súa nai. Dende ese día distanciáronse cada vez máis. Ata que a rapaza marchou da casa a cambio de 3000 euros ao mes, a petición da súa nai.

Volvendo ao presente, a historia narra as cousas que ve a nena, que xa non é unha nena, e que tanto cambiaron, e a pesar dos anos que pasaron, ela aínda segue recordando ao seu irmán Ramón, protexéndoa en todo momento e facéndoa rir, aínda que agora xa non estea.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Teño unha dúbida sobre o libro Akiko é a protagonista?

Ronsel dixo...

Ola. Lin o libro hai moito tempo e non son qeun de contestar agora mesmo. E a miña alumna, autora desta entrada, maxino qeu menos. Pero moitas grazas.

Raquel García dixo...

Ola! Eu polo que entendín realmente Ramón e a súa nai non mantiñan relacións. Nunha parte, a propia nai explica que lle permite tocala para que experimente coa súa mente inexperta de neno. Pero non chega até punto de acostarse con ela.
Ademais, Ramon traballaba na ferraxería do seu tio, quen o apreciaba moito. Quen realmente o aborrecía era a súa tía Natalia.

De todas formas moitas grazas, o teu resumo serviume de moito☺