ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/01/08

Ollos de auga

Lectura e comentarios de Thalía Troitiño González

Ollos de Auga
Domingo Villar
Galaxia


Paréceme un libro moi interesante e sobre todo moi entretido, ao ser un libro de misterio. Esta novela policíaca amosa o que é a vida e o traballo dun axente de policía que ten un gran prestixio pola súa colaboración nun programa de radio.
Terá que resolver unha serie de acontecementos entre os que está a morte dun músico.
O protagonista amosa o seu xeito de pensar con respecto ao persoal e ao laboral e á súa maneira de actuar. Dáse conta de que moitas veces guiarse polo seu instinto lle resulta acertado, pero tamén se decata de que ás veces non é así.
Choca coa forma de ser do seu axudante, que é espontáneo e incapaz de parar os seus impulsos.

Recomendo esta novela porque é apaixoante. Ademais, cando parece estar descuberto o misterio, o protagonista condúcenos ao verdadeiro final.

Sen comentarios