Comentarios de Laura Carballo Mato
A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia
A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia
Capítulos 1,2
A medida que vou lendo o libro vaime gustando máis. Sorprendeume moito, non o maxinaba así. A pensión Eva é en realidade unha casa de prostitutas. Salienta as ganas de saber de sexo do protagonista.
Capítulo 3
Hai guerra, toda guerra implica mortes... pasaralle algo ao protagonista? "Cada mañá ía mirar se a pensión Eva estaba de pé ou se fora derrubada pola noite": esta frase reflicte a preocupación verdadeira do protagonista. Nesta capítulo fala tamén da sorte, a sorte de que non che toque a ti o roce da morte nunha guerra.
O protagonista comeza a ver ás mulleres da pensión como mulleres máis que coma prostitutas: persoas con sentimentos, medos, ledicias... Creo que hoxe en día hai moitas persoas que non pensan así, discrimínanas sen máis.
Capítulo 4
Perdinme un pouco. Neste capítulo fálase dunha serie de prodixios e milagres totalmente diferentes con algo en común: todos ocorreron na pensión Eva, como se esta estivese construída sobre un lugar sagrado.
Capítulo 5 (final)
Gustoume o libro a pesares de que o verdadeiro protagonista é a guerra. Cheguei a sentir mesmo anguria ante os avatares do protagonista, a quen finalmente non lle pasou nada. A pensión Eva quedou destruída, o que me causou unha gran sorpresa. O libro remata coa chegada á maioría de idade do protagonista e do seu mellor amigo. Tamén faime reflexionar sobre o valor da amizade: un ser que sempre está con un.
Recomendo a lectura desta novela, é entretida e reflicte o xeito de sobrevivir a unha guerra, a importancia da amizade, do amor. Para min o libro dá un xiro desde o comezo, onde nos fala da importancia de espertar a curiosidade polo sexo -ao igual que da súa inocencia-, e remata co valor da amizade e do amor mesturados coa crueldade da guerra.

Sen comentarios
Publicar un comentario