Libreta e comentarios sobre este libro de Eva García Bibián:
Gemma Lienas
Editorial Galaxia
Día 3-10-07. Capítulos 1-6, pax 13-73
Xa tan cedo, nas primeiras páxinas, comezo a decatarme de que é un libro moi interesante e do que calquera persoa podería aprender moito, pois opino que hai moita xente soberbia q

Día 5-10-07. Capítulo 6-10, páx 73-127
Ao ler o machismo que afecta á maioría da xente, prodúcese en min (supoño que non soamente en min) unha grande indignación e unha rabia infinita, danme ganas de berrarlle ao mundo catro grandes verdades. Ogallá algún día a sociedade estea tan orgullosa de nós coma nós mesmas, e debemos confiar en que ese día chegará.
Día 8-10-07. Capítulo 10-12, páx 127-163
E eu digo, hai dereito a iso? Estamos tan atrasados como para que nalgunhas culturas as mulleres se sometan a semellante humillación?. E parecerá repetitivo falar disto pero poida que este tema mereza estas páxinas e moitas máis.
Por outra parte, a lectura faime sentir, por dicilo dalgún xeito, parva, porque aínda agora a xente nova de hoxe en día, tan informados como se supón que estamos, seguimos crendo nalgúns bulos que se din por aí. E non saber diferenciar nalgúns casos o ficiticio da realidade nesta sociedade (supostamente tan avanzada) paréceme un verdadeiro atraso. E, a verdade, xa non sei se crer o que din de “quen non está informado nos tempos que corren é porque non quere”.
Día 9-10-07. Capítulos 12-18, páx 163-243
Por que todos sentimos pena por unha persoa que ten os pais separados? Si, pode ser que o pase moi mal e ata poida que iso lle cause algún tipo de problema ou trauma; pero hai xente á que iso non lle pasa e, daquela, por que o tratamos como se xa non tivese pais ou por iso sentimos mágoa?. Por que non nos damos conta de que pode ser que se sintan moi incómodos? Debemos aprender a non facer iso con todos, só cos que o necesiten, doutro xeito crearémoslle un problema que non teñen.
Por outra banda, está a xente que vive con pais homosexuais e aos que tratamos como bechos e facemos que se sintan acomplexados cando pasan por xunto á xente e quedan murmurando, cando os miran mal…
A ver se evoluímos suficientemente para deixar de discriminar á xente con esa condición.
Día 10-10-07. Capítulos 18-fin, páx 243-311
VIVE E DEIXA VIVIR
2 comentarios:
como ti dis debemos VIVR E DEIXAR VIVIR e non ir de "sabichóns" pola vida, xa que aínda queda moito por aprender. axudemos a que esta sociedade sexa mellor!
Como xa che dixen por unha frase que me quedou na memoria e meu serveu de moito no seu momento tes unha gran razón.Sacaches un gran proveito dese libro e creo que calquera persoa o podería sacarnunca se sabe de donde se pode aprender algo novo.Apesar de que ca primeira ollada que lle botamos as duas xuntas ao libro dixemos pero que é isto?e escachamos a rir...Todo indica que nos equivocamos como tantas veces.
Que razón tes VIVE E DEIXA VIVIR.
Publicar un comentario