ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/02/13

Makinaria

Comentario de Nancy Elisabeth Tudor 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais



Gustoume moito e pareceume moi fácil de ler, nunca lera este tipo de libros: encantoume. A maneira de expresar as cousas o autor pareceume moi sofisticada e as súas comparacións creo que foron o que creo que fixo que me gustase tanto o libro.
Eu recomendaríalle este libro a máis xente, xa que a pesar de ser fácil de ler, é entretido e pois para os dez minutos que se tarda en lelo paga a pena ese tempo.

Makinaria

Comentario de Lucía García Rodríguez 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais



Empecei a ler o libro sen interese, pero ao que vin de que trataba púxenlle máis atención. 
Este libro reflicte os problemas máis frecuentes dos adolescentes que, malia as advertencias, non lles fan caso.
Se tivese que definir o libro nunha palabra sería "negro" porque aínda que son cousas reais, son tristes e tráxicas.
Este xénero nunca me chamou a atención, pero este libro gustoume.

Makinaria

Comentario de Ana Colmeiro 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais



Nunca un libro con  tan poucas palabras expresara tanto. Realmente é unha loucura o que as persoas poden facer con un grolo de alcol de máis.
A mensaxe é clara: ser bebes, non conduzas.
Expresa moi ben as emocións que vives en cada momento, as dun mesmo, as dos pais, e son moi diferentes.
Gustoume moito este libro e gustoume a forma de dicir as cousas, nun ton adolescente, xuvenil.

Makinaria

Comentario de Lucrecia Balagué Blanco 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais


O libro gustoume porque é moi fácil de ler, ten moitas poesías que me ensinaron que, aos 18 anos, todos e todas nos descontrolamos, temos que aprender a nos controlar.
As poesías de Carlos Negro gustáronme moito, o coche fai referencia a toda a etapa dos 18 anos. Gustoume que teña os títulos en inglés, nun principio pensei que ía estar nesta lingua todo o poema!!!
O poema que máis me gustou foi "Sand Plat Session", fala da morte e de todo o que un perde por facer o parvo, por crerse mellor por ir rápido co coche.

Makinaria

Comentario de Mario Salgueiro 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais





É moi interesante porque trata temas reais e ensínanos o todos que poden estar algunhas persoas con tal de fardar.
O poema que máis me gustou foi "Autopsia" porque nos indica todo o que fai unha persoa que morreu nun accidente.

Makinaria

Comentario de Álvaro Villar 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais



Foi un libro que pese a ser de poesía gustoume moito. É un libro pequeno que conta a historia dun adolescente. Eu non me sinto identificado co perfil dese adolescente pero hai xente da miña idade que seguro que si.

Makinaria

Comentario de Iván Montoto Trabazo


Makinaria
Carlos Negro
Xerais



Este libro realista define moi ben a necesidade que a xente ten de correr. 
Cando os mozos conseguen o seu primeiro coche é como se se emocionasen. E corren, corren, ata que ocorren desgrazas. 
O libro gustoume xa que utiliza a nosa linguaxe.

23/02/13

Makinaria

Comentario de Enrique González López 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Ao principio pensei que este libro ía ser realmente malo xa que só falaba de facer pantasmadas co coche e música tecno e a min non me gusta isto. Pero cando empecei a ler algo máis deime conta de inmediato que de este libro está inspirado nas mortes en accidente de tráfico por andar facendo parvadas.
É un libro completamente real xa que isto sucede diariamente en todos os lados.

Makinaria

Comentario de Rocío Souto Presedo 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais



A min en xeral non me gustan os poemas, pero este libro sorprendeume e para ben. O que máis me gustou foi "Need for Speed"; iso si, o libro tamén me entristeceu en xeral polo suceso ao que se chega, aínda que isto sexa do máis natural.

Makinaria

Comentario de Nuno Pérez Fernández 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais



Pareceume un libro fácil de ler e bastante curto. Porén, non me gustou nada porque se me fixo demasiado repetitivo. Todo o tempo está coa mesma historia, mesmo emprega as mesmas palabras, o cal fixo que fose moi aburrido. Aínda que cara ao final o libro faise máis interesante.
Eu creo que é recomendable para xente que só quere ler libros fáciles de ler.