ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/11/15

Comentario de Francisco Rodríguez


O pobre Tolo
Inacio
Demo





Este libro foi o primeiro cómic que lin en galego e non é que espertara en min unha gran alegría ó finalizar a súa lectura. Xa o seu inicio non me acabou de convencer debido a que fai unha mestura de accións simultáneas que a min mareáronme bastante e fixeron que tardase demasiado en meterme na trama, mais ben esta inmersión chegou cara ó final do libro polo que non me importaría que continuase unhas cantas páxinas máis. Deixando a un lado o comezo con mal pé que tivemos, o resto do libro non é que me disgustara demasiado aínda que si que houbo pequenos feitos que por moito que os lía non chegaba a comprendelos completamente.
Positivamente debo destacar deste libro tanto a ilustración que está moi traballada e que axuda moito a que o libro se faga máis ameno, como o realismo que o autor reflexa en cada detalle do libro e que eu valóroo moito, porque son cousas que lles pasan ós protagonistas dos libros, neste caso a Castelao. Outro aspecto que debo resaltar positivamente é o feito de que ambiente unha serie de accións aquí, en Lalín, o que me pareceu moi interesante xa que non é usual ler un libro que estea ambientado na túa vila.
Negativamente debo resaltar tanto o cambio brusco de tema que se produce no libro e que lendo unha vez soa faise bastante dificil de comprender como a aparición de ata catro linguas diferentes, que foi unha cousa que me matou, xa que en momentos cheguei a desesperarme principalmete por non entender nada do portugués pese ao seu parecido co galego; o que faría eu sería tentar reducir as catro linguas ó galego, indispensable, e ó castelán, lingua do lugar onde se ambienta a historia.
Pese a todos estes peros o tema principal foime doado de entender, que é o exilio que sufriu Castelao por mor das súas ideoloxías políticas, e conta os sentimentos e emocións que vai sentindo ao longo do seu exilio. Estes sentimentos que demostra impactáronme bastante xa que chega a preferir estar no cárcere a seguir exiliado en Badaxoz, lonxe da sua terra anhelada.
O final reescribiríao poñéndolle un punto especial que che deixe un bo sabor de boca cando se remata de ler.
En definitiva o libro perfecto para coñecer a Castelao, pero un libro que dificilmente volvería ler para pasr un bo rato.

Sen comentarios