ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Alberto Blanco

Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
 
 
 
É un libro un tanto difícil de ler, debido a que nel mestura oito contos con diferentes historias e emprega vocabulario pouco habitual.
 Cando o observei por primeira vez o que máis me estrañou foi o número de páxinas que contén, outras das cousas estrañas das que pensei decatarme foi que as historias eran un pouco infantís pero ao mesmo tempo complexas. Logo comprobei que de infantís non teñen nada.
O que me intrigou deste libro é que cada relato trata de temas diferentes, grazas a iso puiden retomar a lectura con máis facilidade. O conto que máis me gustou foi “ A chegada de Ingrid“, xa que trata una situación de adulterio, a muller de Manolo mantivo unha relación con Ramón mentres que o seu home emigrara a Alemaña.
En conclusión, este libro pareceume complexo a hora de entendelo, aínda así os seus contos son curtos e divertidos.

2 comentarios:

Alba García dixo...

Oito relatos que se enlazan cun mesmo tema, o Nadal. Aínda que cada unha das oito narracións teñen a súa propia idea, por exemplo: a tristeza da emigración, o efecto negativo de consumo de drogas, a integración de persoas con problemas, o amor,...
Este libro gustoume bastante, a única pega é que eu pola miña parte inclínome máis por unha novela; os relatos distintos e curtos non me enganchan, ou sexa que a lectura me resulta máis pesada. Pero dentro deste libro atopei algunhas historias moi bonitas e cotiáns, como por exemplo:” o partido de reis” e “a chegada de Ingrid.”. Outra cousa que nalgunhas ocasións me causou dificultade foi o nivel gramatical de Manuel Rivas.

David Díaz dixo...

Este libro consta de relatos tristes con finais alegres, ou non. Este libro está feito para reflexionar e conmover a xente que o lea. O meu punto de vista deste libro non é moi bo, porque fíxoseme bastante pesado, pero gustáronme os finais dos relatos.
O meu relato favorito foi o de “O partido de reis”. Neste relato fálanos dun neno con síndrome de Down ao cal lle gusta moito o fútbol e xogar o deporte. Transmítenos que as persoas con este síndrome son iguais ao resto das persoas. O cal é moi necesario xa que gusta excluír a xente “diferente”.
Entre os relatos que me desagradaron foron: “Okay” e “O carteiro de Papá Noel”