ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/02/14

O lapis do carpinteiro

Comentario de Jean Michel Vidal García


O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Xerais 
 
 
 
Esta foi a segunda vez que lin este libro, a primeira vez non entendín moito a historia, era demasiado novo para entender este tipo de historias, naqueles momentos o libro non me gustou nada, parecíame moi lento e aburrido pero esta vez me gustou pero non chegou a encantarme porque xa sabía como acababa a historia pero me gustou moito máis que a primeira vez. Tamén teño que dicir que vin a película (Antón Reixa, 2002) e quitoulle encanto ó libro, porque, sinceramente, esa película non lle fai ningún favor ó libro e iso que son máis de cine que de literatura.
Como xa dixen antes o libro gustoume esta vez, pareceume un libro orixinal excepto pola temática da guerra civil que xa está moi vista. O que máis me gusta do libro é o personaxe de Herbal como loita polo amor de Marisa aínque non consegue nada, non sei por que o malo nunca queda coa chica... a historia de amor entre Da Barca e Marisa é moi bonita pero gustaríame que Herbal conquistara a Marisa.
Recomendo ler o libro se nunca o liches e se non viches a película, pero se xa tes unha idade e o liches de xove o libro perde parte do seu encanto.

Sen comentarios