ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Diego Cangas


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 



Comezarei falando desta magnifica obra de Suso de Toro destacando a boa referencia que fai ao ''ollo por ollo''. Rosa está a ver o seu telefilme preferido no cal sae unha avoa de máis ou menos o seu tempo co mesmo nome. A esta ,os seus sobriños asasínana para quedarse coa herdanza. Feito que a Rosa lle acontecerá na vida real. Esta reencárnase...
 Persoalmente a min o argumento do libro gústame, e lin cada parágrafo do capítulo final coa ansia de ver que pasaría, a dicir verdade satisfacéronme as medidas que tomou Rosa. Os nomes deste libro fan que a historia che resulte familiar. Non hai mellor  pasatempo para as tardes de domingo que pórse a ler ''Unha rosa é unha rosa''.

Sen comentarios