Comezarei falando desta magnifica obra de Suso de Toro destacando a boa
referencia que fai ao ''ollo por ollo''. Rosa está a ver o seu telefilme
preferido no cal sae unha avoa de máis ou menos o seu tempo co mesmo nome. A
esta ,os seus sobriños asasínana para quedarse coa herdanza. Feito que a Rosa lle
acontecerá na vida real. Esta reencárnase...
Persoalmente a min o argumento do libro gústame, e lin cada
parágrafo do capítulo final coa ansia de ver que pasaría, a dicir verdade
satisfacéronme as medidas que tomou Rosa. Os nomes deste libro fan que a
historia che resulte familiar. Non hai mellor pasatempo para as tardes de
domingo que pórse a ler ''Unha rosa é unha rosa''.

Ningún comentario:
Publicar un comentario