Esta foi a
segunda vez que lin este libro, a primeira vez non entendín moito a historia,
era demasiado novo para entender este tipo de historias, naqueles momentos o
libro non me gustou nada, parecíame moi lento e aburrido pero esta vez me
gustou pero non chegou a encantarme porque xa sabía como acababa a historia
pero me gustou moito máis que a primeira vez. Tamén teño que dicir que vin a
película (Antón Reixa, 2002) e quitoulle encanto ó libro, porque, sinceramente,
esa película non lle fai ningún favor ó libro e iso que son máis de cine que de
literatura.
Como xa
dixen antes o libro gustoume esta vez, pareceume un libro orixinal excepto pola
temática da guerra civil que xa está moi vista. O que máis me gusta do libro é
o personaxe de Herbal como loita polo amor de Marisa aínque non consegue nada,
non sei por que o malo nunca queda coa chica... a historia de amor entre Da
Barca e Marisa é moi bonita pero gustaríame que Herbal conquistara a Marisa.
Recomendo
ler o libro se nunca o liches e se non viches a película, pero se xa tes unha
idade e o liches de xove o libro perde parte do seu encanto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario