09/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Patricia Lázara Framiñán


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia


A verdade é que este libro non me gustou. No primeiro relato, ¿Que me queres, amor?, comecei a entender o que pasaba cando xa estaba a piques de acabar de lelo e así pasou con algún dos outros contos. Por outra banda, algúns resultáronme extremadamente aburridos e moi pesados para ler, o que menos me gustou foi O míster & Iron Maiden
Non todo é tan malo xa que parecéronme fermosos dousrelatos, un é A lingua das bolborestas, que me pareceu unha historia moi real pero baseada hai uns anos e Un saxo na néboa que demostra como hai uns anos non había diñeiro e a xente  tiña que emigrar e como había xente que non tiña diñeiro para comprar a pasaxe, pedían cartos a cambio de algo, neste caso un saxo. Só por aí gustoume pola sinxeleza e a facilidade para lelo, pero por outra parte non me gustou a forma na que Miro fai agardar os seus pais sen darlle noticias. O resto dos contos non me gustaron, como xa dixen, porque non os entendín ou porque se me fixeron demasiado pesados á hora de ler. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario