Comentario de Álvaro Villar Ferreiro Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara
Neste libro podemos observar o cambio de
Catuxa, que tras a morte do seu pai se comporta dunha forma distinta. O único obxectivo desta rapaza é vingar a
morte do seu pai.
Sendo sincero teño que dicir que a primeira
parte do libro non me gustou xa que na historia non hai escenas de acción.
Outra cousa que non me gustou foi que Catuxa puidese ver a seu pai en forma de
pantasma xa que me gustaría que ela seguise falando co seu pai a través da
pantalla do ordenador.
O libro comezou a gustarme no momento no
que Xermán e Catuxa entraron no coche
para ir buscar a Cotelo (asasino do pai de Catuxa) co obxectivo de facelo pagar
pola asasinato. Tamén me chamou a atención o comportamento de Xermán que pese a
non ser irmán de Catuxa axudoulle en todo, aínda que pode que el tamén o fixera
polo diñeiro.
Aínda que o final é moi tráxico
gustoume.
De menos a máis, así é este libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario