Trátase dunha novela que por un lado case me engancha, pero que por outro
non o terminou de facer. Para o meu gusto quedouse a medio fuelle, podería dar
un pouco máis do que dou, por exemplo, o feito de se desenvolver parte da
historia no cárcere poderíalle ter dado un pouco máis de acción. Un detalle que
me gustou moito, que máis que un detalle é parte da historia, é o carácter de
Herbal, o cal fai todo o que pode (ben ou mal feito, ben ou mal pensado).
Houbéseme gustado que seguise intentado algo a pesar de ter visto a Marisa e a
Da Barca abrazados na estación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario