Esta é unha obra moi boa, que me encantou, fíxome imaxinar en todo momento
o que lía. A parte que máis me impresionou foi cando lle tentaban sacar
información a Caronte, as acotacións axudáronme moito a poder recrear a escena
na miña mente. Gústame moito a maneira de pensar de Caronte, como ve a
realidade e como se expresa. No final sorprendeume como Lucía, a pesar de
estar triste, se fixo a forte e negou estar chorando, "Nunca ninguén terá
que secarme as bágoas a min".

Sen comentarios
Publicar un comentario