ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/13

A neta do señor Linh

Comentario de María Rey

A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte



É un libro con moita tenrura e rebosante de amor, tratado cunha dozura e unha sinxeleza que namora. Creo que amosa como o amor te fai forte e como ás veces só segues adiante por alguén que te necesita. Para min iso foi o máis bonito. Tal vez non me fixei demasiado na relación entre o señor Lihn e o señor que non paraba de fumar, pero é que para min eclipsouno o amor que sentía o Señor Lihn pola súa neta. 
 

Sen comentarios