Comentario de María ReyA neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
É un libro con moita tenrura e rebosante de amor, tratado cunha dozura e
unha sinxeleza que namora. Creo que amosa como o amor te fai forte e como ás
veces só segues adiante por alguén que te necesita. Para min iso foi o máis
bonito. Tal vez non me fixei demasiado na relación entre o señor Lihn e o señor
que non paraba de fumar, pero é que para min eclipsouno o amor que sentía o
Señor Lihn pola súa neta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario