Comentario de Fátima BouzadaHora zulú
Santiago Lopo
Galaxia
Este libro
ten moitas máis páxinas e levoume máis tempo lelo, pero, aínda así tan pronto
comezo a lelo e me parece interesante non o dou soltado ata que acabo. Isto
pásame moi a miúdo, sobre todo cos libros máis longos, teño tanta intriga que
fago o posible por rematalos canto antes.
Neste, a
verdade, picábame moito a curiosidade por saber o pasado sobre ese home, as
cousas das que se enterou que non sabía ou non lle acordaban.
Eu nunca
vivín a situación de perder a memoria e sufrir amnesia, pero baixo o meu punto
de vista debe de ser moi duro non saber as túas orixes, o teu pasado, a onde
pertences, polo que o método de recurrir á maxia permitiíulle saber cousas del,
algunhas ata moi profundas que el non sabía.
Por isto
todo me gustou moito, porque se cadra a min tamén me gustaría acordarme de
cousas de cando era pequena. A verdade sei algunhas cousas porque mas contan,
pero non porque eu me acorde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario