Comentario de Esperanza Rodríguez
Os teus dedos nas miñas bragas con regra
Lupe Gómez
Xerais
Este libro de poemas de Lupe Gómez encantoume, igual ca Pornografía.
A autora é claramente feminista, característica que me gusta moito igual ca
os poemas que ten referidos a iso. Da súa obra hai moi poucos poemas que non me
gustaron, pois algúns facíanme rir, con outros sentíame identificada, e outros
facíanme pensar durante longo tempo.
A súa maneira de expresarse é moi profunda e asombra como con poucas
palabras pode englobar tanto significado.
Moi boa poeta e por todo isto que me fixeron sentir os seus libros foi o
motivo polo que a escollín para o noso traballo. Foi unha auténtica pena que
non puidera colaborar connosco pero igualmente gozamos coa actividade!
Sen comentarios
Publicar un comentario