Comentario de Uxía Mosquera Castro
Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
Suso de Toro
Xerais
Este libro gustoume moito, xa que non parei de rir con
el. Ó principio, cando o comecei e me dei de conta de que era unha obra teatral
pensei que non me ía engaiolar e non o entendería, pero todo o contrario, ten
unha linguaxe clara e fácil de comprender, é un libro sinxelo. Ó paso do tempo
vaste imaxinando cada escena que pasa nese hospital na túa cabeza, todo sucede
nel debido a que o libro esta dividido en cinco mini comedias nas que conta
todos os sucesos que ocorren no turno de garda de Chus. Recomendaría este libro
a todas aquelas persoas que lles gusten os textos teatrais e invitaría a que
todo aquel que nunca lera un libro coma este, de teatro, que comezara por este,
porque lles vai a encantar e non pararán de rir.
1 comentario:
Este libro gustoume moito polo gran humor que reflicte. A forma do libro, de estar dividido en “microrrelatos” , enganchoume moito a querer acabar o capítulo no que estaba para ver o que me contaría o seguinte. O feito de que a historia sexa desenrolada nun hospital gustoume.
A min o libro gustoume, entreteume, enganchoume e fíxome rir, así que recoméndollo as persoas que lle guste o humor.
Publicar un comentario