ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/03/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Denise Varela


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais




Libros que rompen as barreiras e os silencios, que se atreven a dicir as verdades da nosa sociedade, que che fan rir e ao mesmo tempo que che fagan pensar. Penúltimas tendencias de Carlos Negro é un libro realmente excelente. Trata a sociedade da muller, a eses prototipos de mulleres perfectas que existen hoxe en día. A ese mundo de princesas que nos rodea e que estamos acostumados a vivir. Un libro con moito que contar pero que co mesmo tempo rirás moito.
Persoalmente, a min este libro pareceume realmente entretido e fácil de ler. Gustoume ler algún libro que tratase estes temas de actualidade con eses toques de diversión e crítica.
Se tivese que decantarme por algún poema, a verdade e que non sabería xa que todos son moi bos, pero hai un moi que a min, persoalmente, chamoume moito a atención.


Operación Triúnfo

Nin de broma me digas que son divina.
Non teño a mellor voz do universo.
Non collo nese talle supersexy.
Non uso o escote como escaparate.
Non quero nin dez minutos de gloria.
Só quero un curso intensivo de bicos,
dúas ou tres frases que soen sinceras
e cinco segundos para decidir se acepto
ou se te envío á papeleira de reciclaxe

Sen comentarios