O heroe é un libro teatral que conta a historia dun ex lexionario e ex
boxeador que loitou por Franco na guerra Sidi Ifni.
Non me gustou para nada
este libro, na miña opinión tiña unha linguaxe complexa, na que non entendía os
apartados e me perdía con facilidade. Por outra parte os temas tratados que
sucedían naqueles tempos parecéronme moi duros e tristes e fixéronme
reflexionar moito sobre como estamos a vivir hoxe en día. Por último
recomendaríalle este libro a todo aquel amante do teatro e xente de maior
idade, debido a que me parece que este libro o poderían entender mellor porque
eles viviron todo o sucedido.

Sen comentarios
Publicar un comentario