19/03/14

O heroe

Comentario de Uxía Mosquera Castro


O heroe
Manuel Rivas
Xerais
 

O heroe é un libro teatral que conta a historia dun ex lexionario e ex boxeador que loitou por Franco na guerra Sidi Ifni. 
Non me gustou para nada este libro, na miña opinión tiña unha linguaxe complexa, na que non entendía os apartados e me perdía con facilidade. Por outra parte os temas tratados que sucedían naqueles tempos parecéronme moi duros e tristes e fixéronme reflexionar moito sobre  como estamos a vivir hoxe en día. Por último recomendaríalle este libro a todo aquel amante do teatro e xente de maior idade, debido a que me parece que este libro o poderían entender mellor porque eles viviron todo o sucedido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario