ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/03/14

O heroe

Comentario de David Núñez Ouzande


O heroe
Manuel Rivas
Xerais
 
 
Obra teatral que nos conta unha historia que se vai levar a cabo no bar La Boite de Pandora. Nel aparecen unha serie de personaxes principais como son: Arturo Piñeiro, alias Caronte, que é un ex boxeador coñecido como Robinson, agora camareiro do bar La Boite de Pandora; Lucía que é a dona do bar e muller de Caronte; Lanzarote, un loitador antifranquista e vendedor de maquinas de escribir.
Este bar ofrece dous tipos de servizos. Por un lado, ten a función de bar onde ocorren os sucesos e se levan a cabo unha chea de conversas e polo outro, ofrécense combates de boxeo e loita libre.
Cando vin que se trataba de teatro, non me chamou tanto a atención, xa que prefiro ler unha historia que ler un diálogo.
O libro non me gustou moito, no momento no que o comecei a ler non me decataba de nada, e tiven que volver varias veces ao comezo. Despois, a medida que o ía lendo pensaba que me gustaría máis e o entendería, pero non foi así.
Este libro é unha mestura entre a ironía e a dureza que nos sitúa nun momento histórico, como foi o franquismo.
Por último, dicir que si que recomendo este libro porque me parece bastante bo en canto aos acontecementos que nel se contan, pero que persoalmente a min non me gustou xa que me resultou difícil engancharme e comprender esta obra.

Sen comentarios